Amenizamos festas populares, vodas, ceas e todo tipo de celebracións lúdicas, interpretando melodías de baile con temas de sempre e de actualidade. Abarcamos música cantada e instrumental para todo tipo de público e idades. Acompañamos procesións relixiosas.
Durante a xa longa historia de Alma Latina, temos actuado en todo tipo de eventos, chegando incluso a participar en exitosos programas televisivos como “Luar”, da Televisión de Galicia; “Aquí Portugal”, da Televisión de Portugal; e en galas internacionales como a Festa da Queimada do Centro Galego de Basilea (Suiza).
Alma Latina está formada por:
Sandra García (voz);
Suso Barral (voz e percusión);
Alberto Viamonte (saxos, frauta traveseira, gaita e teclados);
Manuel Prada (teclados e trompeta);
Javi Sanjurjo (voz, teclados e trombón);
Jacobo Salgado (batería).
-
Dispoñemos de escenario móbil propio con 13 mts. de frente, 5 mts. de fondo, e 9 mts. de altura. Cabe a posibilidade de non extender lateralmente todo o escenario e deixalo con 11,5 mts. de frente, e incluso só con 8 mts.
-
Contamos con un potente equipo de sonido Unka Array Sound System de 18.000 watios que asegura a mellor calidade en cualquera contexto.
O noso equipo de iluminación inclúe os máis modernos sistemas de luces e robótica por técnica de led´s.