Bienvenidos / Benvidos

Benvidos

Esta é a páxina oficial do grupo musical Alma Latina, quinteto da Mariña Lucense e Occidente de Asturias.

Amenizamos festas populares, vodas, ceas e todo tipo de celebracións lúdicas, interpretando melodías de baile con temas de sempre e de actualidade. Abarcamos música cantada e instrumental para todo tipo de público e idades. Acompañamos procesións relixiosas.

Durante a xa longa historia de Alma Latina temos actuado en todo tipo de eventos, chegando incluso a participar en exitosos programas televisivos como "Luar", da Televisión de Galicia.

Camión - Escenario

Escenario propio

Dispoñemos de escenario móbil propio con 7 mts. de fronte libre e 11 mts. de longo total, o que evita a montaxe de palcos e outras infraestruturas, co conseguinte aforro en gastos e traballo por parte das comisións de festas.

Audio - Iluminación

Son - Iluminación

Contamos con un potente equipo de son Mackie de 12.000 watios que asegura a mellor calidade en calquera contexto.

O noso equipo de iluminación inclúe os máis modernos sistemas de luces por técnica de led's.

Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)

Contratacións

Se desexa contratar os nosos servizos, pode facelo chamándonos ao número

Usuarios conectados

Temos 1 convidado en liña